Un millar de persoas despiden en Redondela a Sesé, a última víctima de violencia de xénero

Emotiva e multitudinaria concentración na Alameda de Chapela ao día seguinte do asasinato dunha veciña polo seu ex- que tamén morreu cando incendiou a casa na que xa non...

Emotiva e multitudinaria concentración na Alameda de Chapela ao día seguinte do asasinato dunha veciña polo seu ex- que tamén morreu cando incendiou a casa na que xa non convivían.

A dor era visible nas lágrimas das amigas de Sesé, nos berros de desesperación ante un caso de violencia de xénero con resultado de morte da muller, e no rostro da súa amiga Lucía que, de xeito expontáneo, amosou toda a dor que supón que Sesé xa non estea con nós por culpa dun criminal, dun machista que xa ameazara con volar a casa.

Pola mañán, cando se confirmaron os indicios que apuntaban a que se trataba dun asasinato, xa se concentraran diante do Concello que deixou claro, como a veciñanza, que Redondela rexeita a violencia de xénero.

Na casa onde no seu día conviviran Emilio Fernández Castro, o asasino, e Sesé, a víctima, os bombeiros de Redondela continuaban apuntalando o piso onde se produciu a deflagración que case fai saltar polos aires a do lado. Inda cheira a fume, está o precinto xudicial, e os restos do que un día fora un fogar… destrozado por un asasino que deixou ao fillo da sua ex- cos avós antes de acabar ca vida dos dous na noitiña do 20 de febreiro, prendendo lume cunha garrafa de gasolina tras manipular dúas bombonas de butano.

Fronte a tal barbarie cómpre a unidade de todas e todos e máis medios educativos, xudiciais e policiais para que nunca máis teñan que ir os mass media a contar unha desgracia. Porque no que vai de 2017 xa asasinaron a 13 mulleres. E non se pode tolerar o feminicidio en pleno século XXI.

 

+FOTOS

Categorías
GalizaGéneros y sexualidadesSucede

Relacionadas

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR