Redondela condena a violencia contra a muller nunha manifestación na semana que asasinaron a Sesé

Centos de persoas dan o seu apoio ao entorno de Sesé, veciña de Redondela asesinada polo ex- o pasado luns. ...

As e os veciños e a corporación municipal amosaron o seu rexeitamento a violencia contra a muller nunha manifestación este venres na que ademáis se solidarizaron cas vítimas e en especial ca familia e achegados de Sesé, veciña do concello de Redondela e asesinada polo seu ex- Emilio Fernández Castro que volou a casa onde no seu día viviran o pasado luns.

Na manifestación, ademáis da pancarta principal, as e os alumnos do IES de Chapela levaron unha contra o feminicidio: no que vai de ano 16 mulleres foron asasinadas polos seus maridos, parellas ou ex-.

Ao remate da manifestación gardouse un minuto de silencio, tras o que a concelleira de Muller e Igualdade, Teresa París, leu o manifesto de repulsa a violencia de xénero e de solidariedade cas familias afectadas por esta lacra aprobado no pleno municipal.

Nel condénase o asasinato de María José Mateo e faise un chamamento á concienciación social e a mobilización das diferentes administracións públicas para que vaian máis alá da simple prevención. É urxente tomar outras medidas para rematar con estas “conductas vergoñentas e intolerabeis que acaban a miudo en actos inxustificables, crueis e cobardes”.

Efectivamente, ademáis dos asasinatos, hai unha serie de malos tratos psicolóxicos, físicos e ate violacións e agresións sexuais que delatan ao agresor. É o momento de chamar ao 016, número gratuito que ademais non deixa rastro na factura. Pode ser a propia vítima a que chame, pero tamén quen teña coñecemento desas situacións ten nas súas mans salvar vidas.

O pleno municipal decretou dous días de luto e suspendeu tódolos actos culturais e eventos organizados polo Concello de Redondela para o venres 24 e o sábado 25 de febreiro.

+FOTOS

Categorías
GalizaGéneros y sexualidades

Relacionadas

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR