O peche da Asemblea Aberta de Coia márcalle un gol a Caballero

Coñecida a nova da retirada da acusación contra Diego Lores, o peche na parroquia do Cristo da Victoria, tornouse en ledicia...

E o policía local retirou a acusación ó final. Non haberá xuizo contra o activista da ODS e a Asemblea Aberta de Coia, Diego Lores. Porque igual que Roberto e mais eu, todas e todos sabíamos que non agredira a ninguén. Nin xiquera a un municipal que cargaba contra as e os rotondianos.

Foron dous anos de incertidumbres, de ameazas, de insultos por parte de Caballero e Carmela Silva -que chegou a chamar “nazis” a veciñanza de Coia- e de tanta tropa ao seu servizo. Entre ela seguramente ese axente 294.509 que pensaba liscar con máis de 30.000 € metendo a Diego entre reixas.

A unidade veciñal, dos colectivos sociáis, foi o que parou a un uniformado que traballa para un alcalde que poderá por barcos nunha rotonda, pero de momento non puido meter a ningún rotondiano entre reixas. E que conseguiu unir ao barrio de Coia para defender a un veciño de Vigo, pois todas somos Diego.

Coñecida a nova da retirada da acusación, o peche na parroquia do Cristo da Victoria, tornouse en ledicia, pero tamén en xustiza. A xustiza queda nas verbas de quenes falaron, dos textos que contan a historia da loita da rotonda e das fotos e videos que a manterán viva sempre. E a loita continúa: polo centro cultural seguiremos a loitar lese nunha pancarta ao carón da que poñía Diego absolución. Non facía falta que o absolveran, porque sempre foi inocente.

Esta vez sí que podemos dicir: Vigo 1 – Caballero 0

+FOTOS

Categorías
Derechos SocialesGalizaNuestra ClasePolítica

Relacionadas

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR