Concentración en Vigo para esixir o indulto de Carlos e Serafín


A única explicación do silencio do Goberno do PP é que "estamos ante unha burda montaxe onde se pretende desprestixiar a protesta sindical e amedentrar a clase obreira". ...

Como cada segundo xoves de cada mes voltouse a pedir o indulto de dous traballadores, Carlos e Serafín, que foron condenados, como recordou Amelia García,de CCOO, polo crime de “participar nun piquete informativo, nunha folga para activar a negociación colectiva” que é un dereito fundamental básico garantido na Organización Internacional de Traballo e no Estatuto dos traballadores.

O seu delito foi defender á clase obreira, defender o mesmo que moitas e moitos facemos nunha folga para mellorar os dereitos laborais, no seu caso o do Convenio de Transporte Público de Mercancías por Estrada. Identificados pola policía dixéronlles que era unha identificación rutinaria, pois non danaran nada nin a ninguén. Pero tempo despois foron acusados e condenados por un Código Penal obsoleto que persegue as e os traballadores no exercicio da folga.

Amelia recordou que “estes compañeiros contan co noso respaldo sindical e social. Presentáronse miles de sinaturas pedindo o indulto ao goberno e incluso lles chegou esta petición dende o Concello de Vigo, a Deputación de Pontevedra e o Parlamento de Galiza”.

Ante a denegación do indulto nunha ocasión foi de novo pedido, sen que ate agora teñan contestación, polo que corren o risco de teren que entrar en prisión. Mentres vemos como, en palabras de Amelia, “hai dúas varas de medir na xustiza: hai quen delinque, quen rouba o diñeiro de todas e todos e é absolto; e hai os que non deliquen e so exercen un dereito da constitución que debe ser especialmente protexido polos poderes públicos e en vez de eso son condenados e están a merced dun indulto que non da chegado”.

A única explicación do silencio do Goberno do PP é que “estamos ante unha burda montaxe onde se pretende desprestixiar a protesta sindical e amedentrar a clase obreira”. É o maior “intento de criminalización do dereito de folga e o ataque mais duro contra a liberdade sindical dende que estamos en democracia”.

En nome dos tres sindicatos convocantes, CIG, CCOO e UGT, a secretaria comarcal de Comisións Obreiras reiterou que seguirán cas mobilizacións, berrando, co resto da xente: ¡Carlos, Serafín, indulto xa!.

+FOTOS

Categorías
GalizaNuestra Clase

Relacionadas

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR