CIG, CCOO e UGT piden reunirse de inmediato ca Subdelegada do Goberno en Pontevedra para esixir o indulto de Carlos e Serafín


Así o anunciou Alberto Gonçalves na concentración que tivo lugar o pasado 16 de marzo en Vigo ...

Outra vez a unión dos sindicatos maioritarios pediu o indulto para Carlos e Serafín. Son case tres anos de silencio do Goberno, en mans do PP todo o tempo, que se nega a indultar a dous traballadores. Como recordou o secretario comarcal da CIG, Alberto Gonçalves, na súa intervención “o único que nos sigue obrigando a continuar na rúa mes tras é o de exisir xustiza para estes dous compañerios e rematar co ensañamento do que son vítimas”: condenados a tres anos de prisión por ter exercido o dereito fundamental á folga para reclamar mellores condicións laborais e salariais.

Ese ensañameto, cruel e innecesario, éo doblemente porque mentres Carlos e Serafín viven “co medo que causa a incerteza de que esa condena inxusta se execute e lles tronce a vida privándoos de liberdade”… a xustiza “deixa impunes aos corruptos, aos verdadeiros delincuentes”.

No comunicado lido por Alberto en nome de CIG, CCOO e UGT pediuse que o executivo de Mariano Rajoy tome o acordo de indultar a Carlos e Serafín, porque é o PP “o que prolonga esta agonía, este calvario”. Un indulto que non só reclaman eles e os seus familiares e amigos, e os tres sindicatos posto que “ten sido esixido por numerosos concellos, pola Deputación de Pontevedra e pola unanimidade do Parlamento de Galiza”.

Anunciaron que os tres sindicatos van solicitar de maneira inmediata unha reunión coa Subdelegada do Goberno para transmitirlle o que é unha reinvindicación da inmensa maioría social respaldada por esas institucións. Diranlle que “non aguantamos máis, que todos os prazos foron superados, que a nosa paciencia está colmada e que queremos o indulto para Carlos e Serafín xa”.

Ese berro, “Carlos, Serafín ¡Indulto Xa!”, vén sendo o habitual das numerosas concentracións e manifestacións que ao longo destes case tres anos mes tras mes nas rúas da cidade piden o que é de xustiza fronte a unha sentenza inxusta, baseada nun Código Penal que castiga á clase traballadora.

+FOTOS

Categorías
GalizaNuestra Clase

Relacionadas

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR