A Asociación Veciñal de Teis, considera insuficientes os horarios da nova liña de autobús H3, anunciada onte por Abel Caballero, que comunicara Teis co hospital Álvaro Cunqueiro.

A proposta só inclúe dous servizos ás 7:45 horas e ás 11:00 horas, con regreso ás 10:15 horas e ás 13:15 horas. ...

A proposta só inclúe dous servizos ás 7:45 horas e ás 11:00 horas, con regreso ás 10:15 horas e ás 13:15 horas. A proposta de liña non recolle ningún servizo no resto da xornada. Si un veciño/a de Teis, quer desprazarse en autobús ao hospital fora deste horario. Cal é a alternativa? Que servizo haberá os sábados, domingos e festivos?.

Desde a asociación, levan meses denunciando, convocaron 7 manifestacións, recolleron case 4 mil sinaturas, para contar cunha liña de autobús desde Teis ao hospital e con frecuencias.
Non se tratar só de anunciar a posta en funcionamento unha nova liña. Esa liña debe atender as necesidades da veciñanza e favorecer que a veciñanza utilice o transporte urbano de Vigo.

A Asociación convoca unha asemblea este vindeiro mércores 22 de febreiro ás 19:30 horas, no local da asociación, para coñecer a opinión da veciñanza. A xunta directiva trasladara nesta asemblea unha proposta alternativa de horarios a presentada polo Concello, para que a veciñanza decida.

Categorías
Derechos SocialesGaliza

Relacionadas

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR